Uta Hagen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Uta Thyra Hagen 12 de xuño de 1919 Gotinga (Reich alemán) |
Morte | 14 de xaneiro de 2004 (84 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | ictus |
Profesora | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Wisconsin-Madison University of Wisconsin High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, mestra, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz |
Período de actividade | 1937 - |
Membro de | |
Alumnos | Roy London e Steve McQueen |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Herbert Berghof (1957–1990) José Ferrer (1938–1948) |
Fillos | Letty Ferrer () José Ferrer |
Pai | Oskar Hagen |
Irmáns | Holger Hagen |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Uta Thyra Hagen, nada en Gotinga o 12 de xuño de 1919 e finada en Greenwich Village o 14 de xaneiro de 2004, foi unha actriz e profesora estadounidense. Orixinou o papel de Martha na estrea en Broadway en 1962 de Who's Afraid of Virginia Woolf?, de Edward Albee, que a chamou "unha actriz fondamente verídica". Como Hagen estaba na lista negra de Hollywood, en parte a causa da súa asociación con Paul Robeson, as súas oportunidades no cinema diminuíron e centrou a súa carreira no teatro neoiorquino.
Posteriormente converteuse nunha influente profesora de interpretación no Herbert Berghof Studio de Nova York e escribiu textos sobre interpretación de grande éxito como Respect for Acting, con Haskel Frankel,[1] e A Challenge for the Actor. As súas contribucións fundamentais á pedagoxía teatral foron unha serie de exercicios que construíu sobre o traballo de Konstantin Stanislavski e Yevgeny Vakhtangov.
Foi elixida para o American Theater Hall of Fame en 1981.[2] Gañou en dúas ocasións o Tony á mellor actriz e recibiu un Tony especial en 1999.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do historiador da arte Oskar Hagen e da cantante de ópera Thyra Leisner, a súa familia emigrou aos Estados Unidos en 1924.[3] Criouse en Madison, Wisconsin, e en 1937 estableceuse en Nova York.[4]
Debutou en 1937 como Ofelia en Hamlet en Dennis, Massachusetts, na compañía de Eva Le Gallienne, á que seguiu Nina de A gaivota de Anton Chekhov e a protagonista de Saint Joan, de George Bernard Shaw. Co seu marido José Ferrer interpretou o papel de Desdémona no Otelo de Paul Robeson.
Dende 1947 destacou como mestra de actores no HB Studio[5] en Greenwich Village; entre os seus alumnos estiveron Matthew Broderick, Christine Lahti, Jason Robards, Sigourney Weaver, Liza Minnelli, Whoopi Goldberg, Jack Lemmon, Debbie Allen e Al Pacino.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Uta Hagen estivo casada con José Ferrer entre 1938 e 1948.[6] Tiveron unha filla, Leticia (nada o 15 de outubro de 1940). Divorciáronse en parte pola relación de Hagen con Paul Robeson, coprotagonista de Otelo. Hagen casou con Herbert Berghof o 25 de xaneiro de 1957, unión que durou ata a morte del en 1990. Hagen faleceu en Greenwich Village en 2004 despois de sufrir un infarto en 2001.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]
Teatro[editar | editar a fonte]
|
Cinema[editar | editar a fonte]
Televisión[editar | editar a fonte]
|
Premios
[editar | editar a fonte]- 1951: Premio Tony á mellor actriz, The Country Girl[7]
- 1963: Premio Tony á mellor actriz, Who's Afraid of Virginia Woolf?
- 1999: Premio Tony especial á toda unha vida[8]
- 1999: Membro da American Academy of Arts and Sciences[9]
- 2002: National Medal of Arts
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hagen, Uta (1973) [1960]. Respect for Acting. Nova York: Wiley Publishing, Inc. ISBN 978-0-02547-390-4.
- ↑ "Elected to the Theater Hall of Fame". The New York Times. 3 de marzo de 1981. Consultado o 14 de novembro 2013.
- ↑ Port of New York, passenger list of the S.S. Luetzow, 4 de setembro de 1924, folla 41.
- ↑ "Lady Invincible Arquivado 13 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.", Wisconsin Academy Review, vol. 46, número 4, outono de 2000.
- ↑ "HB Studio in New York".
- ↑ 6,0 6,1 "Uta Hagen, 84; Tony Winner, Teacher at Famed Acting School". Los Angeles Times. 16 de xaneiro de 2004. p. 164. Consultado o 7 de marzo de 2019 – vía Newspapers.com.
- ↑ "1951 Tony Awards". Infoplease.com. Consultado o 14 de novembro de 2013.
- ↑ "Meet Uta Hagen". HB Studio. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2010. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Book of Members, 1780–2010: Chapter H (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 25 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brestoff, Richard (1995). The Great Acting Teachers and Their Methods. Smith & Kraus. ISBN 978-1-57525-012-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clases Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine.